• Noticia nova

Prevese que as pensións contributivas suban un 2,7%


19 Dec, 2025

WEBPublicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) o indicador adiantado do IPC, á espera da súa confirmación, pódese prever unha revalorización das pensións contributivas en torno ao 2,7%.

A publicación do dato adiantado do IPC polo INE anticipa que as pensións se revalorizarán un 2,7% en 2026.

A Lei 21/2021, do 28 de decembro, de garantía do poder adquisitivo das pensións e outras medidas de reforzo da sustentabilidade financeira e social do sistema público de pensións, establece que a subida das pensións debe ser acorde ao IPC medio dos doce meses precedentes, é dicir, entre decembro de 2024 e novembro de 2025.