• Noticia nova

Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres - adxudicación definitiva


08 Ago, 2025

WEB Resolución do 7 de agosto de 2025 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións definitivas e a adxudicación definitiva correspondente ao concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (o Reino Unido) 

As persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) utilizando o modelo xenérico (PR004A).