WEB - ANPE denuncia os recortes nos cadros médicos de Adeslas e Asisa tras a publicación do novo concerto e a pesar do aumento orzamentario de Muface
A pesar de que o Goberno aprobou unha subida histórica do 41.2% na prima media por mutualista as aseguradoras voltaron a recortar os cadros médicos. Esta decisión afectará aos funcionarios e as súas familias, que perderán acceso aos seus actuais profesionais e centros médicos.
Ante esta situación, ANPE recomenda aos afectados a presentar reclamacións formais/queixas a través das canles establecidas por MUFACE:
- Instrucións de MUFACE para a reclamación que será exposta na Comisión Mixta Provincial entre MUFACE e a correspondente aseguradora: LIGAZÓN
- Instrucións para presentar queixa ante MUFACE: LIGAZÓN
Ollo teñen que presentarse presencialmente ou por correo ordinario!
- Ademais, ANPE pon a disposición dos seus afiliados/as un formulario anónimo de recollida de queixas e reclamacións presentadas PREVIAMENTE a MUFACE: LIGAZÓN
Podedes remitilas por correo electrónico a anpe@anpe.es para poder levar a cabo unha maior presión.
Por unha eficiente e correcta atención sanitaria, ENCHAMOS MUFACE DE RECLAMACIÓNS E QUEIXAS!