DOG - Resolución do 18 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024 (código de procedemento PL500C).
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).
>> Celga 4:
16 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
17 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
>> Celga 3:
23 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.
>> Celga 2:
24 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.
As probas comezarán ás 9.00 horas. Na web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias) se poderá consultar esta información, as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade e a proba oral de cada nivel Celga que se realizará o mesmo día que a proba escrita.