ANPE solicita a retirada da resolución do procedemento de acceso a INSPECCIÓN


24 Out, 2024

WEB - ANPE GALICIA SOLICITA A RETIRADA DA RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO DE ACESSO Á INSPECCIÓN

A nosa asesoría xurídica prepara un recurso que será presentado de xeito inmediato

ANPE Galicia solicita a retirada da resolución co procedemento selectivo para acceder á inspección e solicita que se cubran as prazas co persoal que non superou o último procedemento selectivo, do mesmo xeito que se fai co resto de docentes.

Entendemos que non se cumple ningún dos requisitos establecidos na Orde do 29 de febreiro de 1967. Insistimos tamén en que se están intentando cambiar as regras de xogo a metade de partido. Tiñase que ter incluído no proceso selectivo ordinario (celebrado en xuño) o procedemento que se ía seguir para cubrir vacantes de xeito accidental.