>> Prazo: do 25 de outubro ao 8 de novembro
>> Solicitudes: a través da sede electrónica cubrindo unha SOLICITUDE XENÉRICA segundo as instrucións do procedemento.
>> Resolución do 16 de outubro co procedemento e requisitos de participación
a) Ser persoal funcionario de carreira dos corpos docentes.
b) Ter destino definitivo nun centro dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
c) Posuír o título de doutoramento, máster universitario, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou
título equivalente.
d) Acreditar unha antigüidade mínima de oito anos como funcionaria ou funcionario.
e) Non ter sido condenada/o por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e identidade sexual.
f) Non ter sido separada/o, mediante expediente disciplinario, do servizo
g) No caso de ter desempeñado servizos previamente como inspector ou inspectora accidental,non ter sido obxecto de informe desfavorable.
ANPE GALICIA SOLICITA A RETIRADA DA RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO DE ACCESO Á INSPECCIÓN
A nosa asesoría xurídica prepara un recurso que será presentado de xeito inmediato
ANPE Galicia solicita a retirada da resolución co procedemento selectivo para acceder á inspección e solicita que se cubran as prazas co persoal que non superou o último procedemento selectivo, do mesmo xeito que se fai co resto de docentes.
Entendemos que non se cumple ningún dos requisitos establecidos na Orde do 29 de febreiro de 1967. Insistimos tamén en que se están intentando cambiar as regras de xogo a metade de partido. Tiñase que ter incluído no proceso selectivo ordinario (celebrado en xuño) o procedemento que se ía seguir para cubrir vacantes de xeito accidental