WEB - ANPE ofrece as últimas prazas para dous cursos de formación homologados polo Ministerio de Eduación e varios pola Universidade
O curso 2024-2025 representa unha nova oportunidade de reforzar a nosa formación permanente. Para iso, desde ANPE ofrecémosche varias opcións de cara ao outono.
>> Se es docente en activo, interésanche os cursos recoñecidos, certificados e rexistrados polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (MEFPD). Son válidos en todo o territorio nacional e sumarás puntos para sexenios ou concursos de traslados. O 1 de outubro comezan:
- Coñecementos, recursos e ferramentas para candidatos á función directiva, moi útil para adquirir as competencias que necesitas se estás a pensar en dar un paso máis no teu liderado educativo. (60 horas). NON valida como requisito para acceder á dirección dun centro educativo, senon coma calquer outro curso de formación.
- Neurociencia e educación positiva, baséase nos estudos de Martin Seligman e entre os seus obxectivos está o dotarnos coas ferramentas para un cambio metodolóxico que permita contextos de aprendizaxe máis asociativos e colaborativos. (40 horas)
>> Se aínda non es docente en activo, pero queres aumentar o teu baremo para as oposicións, recomendámosche os cursos en colaboración coa Universidade de Nebrija. Son cursos cunha extensión de 125 horas, equivalente a 5 créditos (ECTS). Este mes de outubro contamos cunha ampla oferta:
- Scratch como linguaxe visual de programación para fomentar a creatividade e o pensamento lóxico no alumnado.
- Uso educativo de JClic, Neobook, Hot Potatoes e WebQuest
- Docentes no exterior: a acción educativa española no exterior
- Lectoescritura: recursos e estratexias didácticas en Infantil e Primaria
Se es afiliado, accederás a prezos especiais.
Se tes interese noutras áreas, podes consultar a nosa oferta formativa completa: LIGAZÓN