WEB - Resumo da Reunión da Comisión de acreditación da CDD entre a administración e as organizacións sindicais firmantes do Acordo de Melloras ANPE, CCOO e UXT
>>As organizacións sindicais alegamos:
1. Que a Resolución do 5 de xullo de 2024 non teña pasado pola mesa sectorial para poder facer alegacións pola nosa parte como representantes do profesorado.
2. Que teñamos asistido a esta comisión cun carácter meramente informativo por parte da administración, sen que se nos tivese en conta para participar no seu desenvolvemento.
>> Consideracións xerais:
- No ANEXO I da citada resolución establécense unha serie de roles e postos docentes susceptibles de ser recoñecidos de forma automática cun determinado nivel de CDD. A Consellería estableceu en reunións de traballo internas as evidencias para cada un dos postos xunto co nivel outorgado (por exemplo, Persoal docente embaixador eTwinning terá un recoñecemento C1 de CDD). A longo desta semana (9-13 de setembro) publicarán os niveis asignados xunto coas evidencias para cada un dos postos.
Dentro deste anexo, no que se refire a postos docentes en determinadas especialidades de ensino secundario e FP, engádese a familia de COMERCIO. Non acredita FOL.
- Recoñecemento de CDD certificadas por outras comunidades, sempre e cando certifiquen de forma explícita o nivel correspondente.
- As situacións que lle consten á administración en canto a postos de traballo e roles serán recoñecidas de oficio (por exemplo, persoas directoras de centros educativos durante 2 ou máis anos).
>> Todas as persoas que desexen presentar alegacións ou o recoñecemento de niveis/áreas poderán facelo en 2 momentos:
- A través de convocatorias específicas (mínimo 1 cada ano). Neste momento está aberta ata o 30 de setembro de 2024.
- A través do Concurso Xeral de Traslados.
>> Calquera outra consulta a nivel informativo pode enviarse ao correo electrónico acreditacioncdd@edu.xunta.gal
Lembramos que o recoñecemento de títulos oficiais a nivel de CDD é a través de https://www.edu.xunta.gal/fprofe/ ata o 30/9 e que o ANEXO I especifica os postos que suponen unha acreditación de oficio https://anpegalicia.es/notices/187995