Procedementos para a obtención da acreditación da Competencia Dixital Docente


17 Xul, 2024

DOGRESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

>> As modalidades de acreditación son as seguintes:

 O persoal docente non universitario dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería que imparta ensinanzas reguladas pola LOE poderá acollerse ás seguintes modalidades:

a) Acreditación de oficio a través da observación do desempeño de roles e postos docentes: proceso de observación e análise das tarefas e funcións asociadas ao desempeño dos roles e postos docentes. Os roles e postos docentes que se recoñecerán polo procedemento de acreditación de oficio cun dos niveis das etapas B e C son os que se detallan no anexo I desta resolución.

b) Acreditación polo procedemento de recoñecemento de títulos oficiais que habiliten para a profesión docente. Para a acreditación polo procedemento de recoñecemento de títulos oficiais que habiliten para a profesión docente e para a acreditación por un proceso de análise e validación das evidencias, deberá facer a solicitude inscribíndose na actividade Acreditación CDD en Fprofe. Asociada a esta actividade habilitarase unha aula virtual para facilitar a entrega da documentación requirida.

>> O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2024.