>> A creación de seccións bilingües de lingua inglesa no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol e de lingua portuguesa no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra a partir do curso académico 2024/25, coa finalidade de promover a práctica destes idiomas entre o alumnado destes centros.
>> O profesorado implicado no proxecto de sección bilingüe deberá ser especialista da materia, ter destino definitivo no centro, e acreditar a súa competencia na lingua estranxeira co certificado B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
A coordinación da sección bilingüe corresponderá a un/unha docente participante no proxecto.
>> O profesorado participante na sección bilingüe poderá ter, en función da súa dispoñibilidade horaria, ata un máximo de dúas horas lectivas semanais destinadas ás actividades de coordinación, avaliación e atención ao programa.
>> O proxecto terá unha duración de dous cursos académicos, prorrogables en períodos de dous cursos académicos logo do informe favorable do servizo de inspección educativa.