MUFACE - novo servizo electrónico para aportar documentos


08 Ago, 2024

WEB Novo servizo de MUFACE para achegar documentos acreditativos de datos ou situacións persoais ou profesionais a través da súa sede electrónica.

>> Certificados ou algún outro tipo de documento noutro tipo de formato oficial para acreditar ante MUFACE modificacións en feitos vitais, como pode ser o estado civil, a filiación, etc. co fin de que consten nas bases de datos como parte do perfil de cada mutualista e os seus beneficiarios e beneficiarias.

>> Como funciona o servizo?

Cando un mutualista titular que é funcionario/a en prácticas pasa a ser funcionario de carreira e queira achegar, por exemplo, unha toma de posesión, necesaria para que se rexistre o cambio de situación, ou un certificado de empadroamento cando hai cambio de destino que implica cambio de provincia e un impreso de solicitude AB1, deberá entrar na sede electrónica de MUFACE e no apartado Mutualistas e Benficiarios, picar no servizo “Achega de documentos de mutualistas e beneficiarios” utilizando cl@ve, certificado dixital ou DNIe. Unha vez dentro do servizo, indicará en Observacións cal é a finalidade da achega, é dicir, que é o que se desexa acreditar e para que procedemento de colectivo, e despois buscará no despregable o tipo de documento ou documentos que se achegan.

Poderase comprobar o estado da solicitude.

Este novo trámite é exclusivo para trámites de Colectivo que podes ver na ligazón superior.