Modificación dos requisitos mínimos dos centros docentes


10 Xul, 2024

BOEReal Decreto 658/2024, do 9 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan os ensinos do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, e o Real Decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.

>> Introdúcese unha modificación no Real Decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan os ensinos do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, así como para incluír os requisitos necesarios para impartir a modalidade de Bacharelato Xeral.