Cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega CELGA


26 Xun, 2024

DOG - RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

2. A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo II. Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre febreiro e maio.

>> Solicitudes: deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto desta resolución.

>>  O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre;

– Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Cada curso terá unha duración de 60 horas presenciais. A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga que se convocan dúas veces ao ano.

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE