Convocatoria por libre designación das Direccións dos CIFP


10 Xun, 2024

DOG - ORDE do 4 de xuño de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.

>> Requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente..

b) Estar en situación de servizo activo.

c) Ter unha antigüidade de, polo menos, tres anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.

>> A solicitude de participación nesta convocatoria presentarase obrigatoriamente pola  sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica  (código de procedemento PR004A), e dirixirase á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

>> O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais ( do 11 ao 20 de xuño) contados a partir do día seguinte da publicación.

>> O Consello Social dos Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia e o claustro de profesorado emitirán informe sobre as candidaturas que se presenten, no prazo dos cinco (5) días naturais seguintes ao de remate do prazo de solicitudes. ( do 21 ao 25)