>> A constitución de ámbitos requirirá autorización expresa do Servizo Territorial de Inspección Educativa. Para estes efectos, os centros docentes remitirán a solicitude de autorización e configurarán en XADE a oferta de ámbitos (Mantemento > Convocatoria 2024/2025 > Ensinanzas > Ámbitos) antes do 12 de xullo de 2024. No caso de que o centro non desexe continuar coa constitución deses ámbitos, deberá comunicalo á Inspección educativa e eliminar en XADE.
>> Disposición adicional segunda. Elección de horarios nos centros de educación secundaria
1. Coa finalidade de determinar durante o mes de xullo as necesidades de profesorado que se precisarán no centro para o vindeiro curso, así como de que os centros dispoñan de máis tempo para a organización e planificación do curso e de que o profesorado coñeza con maior antelación as materias, ámbitos e/ou módulos que terá que impartir no vindeiro curso, os centros docentes realizarán, antes do día 12 de xullo de 2024, unha distribución provisional de materias, ámbitos, cursos, módulos e, se é o caso, quendas para o curso 2024/25, de acordo cos criterios establecidos na lexislación vixente. ( LIGAZÓN )
2. A dirección do centro enviará antes do día 17 de xullo de 2024 ao Servizo Territorial de Inspección Educativa unha síntese das necesidades de profesorado a partir da distribución provisional realizada. O dito servizo comprobará a súa adecuación á normativa vixente.
3. A partir do 2 de setembro de 2024, os centros docentes realizarán as actuacións referidas á elección de horarios que se establecen na lexislación vixente e, se non houber ningunha xustificación motivada que o impida conforme a normativa de aplicación, confirmarán a distribución provisional de materias, ámbitos, cursos, módulos e, se é o caso, quendas entre o persoal que forma parte dos departamentos.
ANPE esixirá que se cubran as necesidades de profesorado de todos os centros educativos e que a Consellería cumpra cos puntos recollidos no Acordo de Melloras educativas do sistema e das condicións laborais do profesorado.