Funcionari@s do corpo de Mestres - aberto o prazo para novas habilitacións


03 Xun, 2024

WEB - Aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro,  poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.

>> Prazo: do 1 de xuño ao 1 de xullo por ser inhábil o 30 de xuño.

>> As novas especialidades establecidas no anexo RD 1594/2011 do 4 de novembro e na Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A)

>> As solicitudes faranse na aplicación de www.edu.xunta.gal/datospersoais.

Para calquera dúbida ou aclaración, contactade con ANPE.

 

Para contactar co servizo da Consellería:

Teléfonos: 981-544483 ou 981 544482

Ou ben a través do correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.gal