• Noticia destacada

Concurso de méritos prazas de convenio ou programas específicos


03 Xun, 2024

DOG ORDE do 21 de maio de 2024 pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (código de procedemento ED013C).

>> Funcionarios en prácticas ou de carreira.

>> Prazo de presentación de solicitudes de 10 días hábiles ( do 4 ao 17 de xuño)

>> As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (ED013C) :

 Anexo I 

a) Folla de autobaremación, de conformidade co modelo que se publica como anexo IV nesta convocatoria pública.

b) Proxecto de traballo, por cada posto que soliciten, en relación coa praza solicitada, cunha extensión máxima de 20 páxinas tamaño folio, formato DIN-A4, a dobre espazo e letra tipo Arial, a 12 puntos sen comprimir.

Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán actualizar o seu expediente persoal en relación cos méritos que se pretenden alegar neste concurso específico mediante o enderezo web www.edu.xunta.gal/datospersoais seleccionando a Convocatoria de prazas sometidas a convenio 2024 e presentar a dita solicitude por medios electrónicos no procedemento normalizado ED011A.