Convocatoria Plan Proxecta +


31 Mai, 2024

WEBResolución do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos durante o curso 2024/25

>> O prazo comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Portal Educativo e rematará pola ampliación de prazo de solicitude o 27 de setembro. Poderanse facer modificacións no profesorado participante ata o 17 de xaneiro de 2025.

>> Resolución co procedemento.

A participación do profesorado no Plan Proxecta+ como actividade de innovación educativa:

a  Programa que se desenvolve durante todo o curso: 20 horas para o profesorado participante e 30 horas para a persoa coordinadora.

b  Programa que se desenvolve medio curso: 12 horas para o profesorado participante e 15 horas para a persoa coordinadora

>> Táboa informativa

>> Ampliación do prazo de solicitude

Mais información sobre Plan Proxecta +