>> Solicitantes:
a) Persoal funcionario, incluído o persoal docente.
b) Persoal laboral do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia que cumpra unhas condicións.
c) Profesorado de relixión.
>> A solicitude será única, con independencia do número de persoas causantes con discapacidade polas que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde internet: https://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no DOG no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A, e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal. No obxecto do asunto indicarase: convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2023. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.
ANPE solicita para todo o persoal docente a restitución de este tipo de axuda, eliminada "temporalmente" dende o 2012.
Canto máis imos ter que agardar? Levamos 12 anos coas medidas temporais!
ANPE seguirá a loitar pola restitución dos dereitos eliminados pola administración galega.