Informe da Mesa Sectorial extraordinaria con 4 macro RD de FP


16 Mai, 2024

WEB - Informe da Mesa Sectorial na que se presentaron 4 macro RD polos que se modifican os RD dos títulos de Formación Profesional de graos básico, medio, superior e cursos de especialización e fíxanse as ensinanzas mínimas

>> Desde ANPE vimos denunciando hai tempo o enorme atraso na publicación destes RRDD que son imprescindibles para que as CCAA poidan realizar os seus correspondentes desenvolvementos normativos e cumprir co calendario de implantación da nova Formación Profesional, que será Dual en todos os ciclos formativos do Sistema Educativo, e que o próximo curso escolar entrará en vigor no primeiro curso.

Prevese a publicación entre o 22 de maio e o 29 de maio.

Aínda que é certo que a maioría das CCAA están xa traballando sobre estes borradores, a non publicación dos RRDD fai que estea paralizado todo o proceso para a aprobación e posta en marcha da normativa autonómica, imprescindible para cumprir co calendario establecido, sen contar co necesario traballo de contacto coas distintas empresas para poder poñer en marcha a nova Formación Profesional.

>> Se xa no seu momento, desde ANPE denunciabamos que se ía tarde na implantación dos currículos de ESO e Bacharelato polo atraso na súa publicación no BOE, un 30 de marzo e un 6 de abril respectivamente, con máis motivo na Formación Profesional cuxos RRDD estarán publicados como moi pronto a últimos de maio.

Doutra banda, preocúpanos que aínda hai 5 títulos LOGSE que se seguen impartindo, e cuxa adaptación, non só á nova FP Dual, senón á propia LOE modificada pola LOMLOE, non se contempla nos borradores presentados, polo que quedarán en terra de ninguén salvo que se elaboren Reais Decretos específicos de título para cada un deles, para o que si que se iría realmente tarde.  Os títulos LOGSE que segue en vigor e aos que nos referimos son:

• Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería. Este ciclo, ademais, consta de 1400 horas (un curso e un trimestre) e non de 2000 horas como o resto dos ciclos formativos.

• Técnico en Xoiería

• Técnico superior en Dietética.

• Técnico superior en Óptica de Anteojería.

• Técnico superior en Prevención de Riscos Profesionais.

>> Outro aspecto importante para o profesorado de Formación Profesional, pero tamén para o profesorado en xeral, é a compatibilidade. Hai que cambiar e actualizar a regulación da compatibilidade aos novos tempos. É moi importante que os docentes que imparten módulos de Formación Profesional poidan traballar en empresas do sector e que os traballadores das devanditas empresas poidan ser, á súa vez, nomeados funcionarios docentes.

 Doutra banda, desde ANPE aproveitamos para solicitar unha coordinación entre as CCAA, liderada polo Ministerio, para establecer unhas pautas comúns na consideración de todos os interinos de FP como profesorado de Secundaria en todos os territorios e que o profesorado de FP que non puido integrarse no corpo de Secundaria perciba en todos os territorios un complemento económico equiparador, como xa se está percibindo nalgunhas CCAA, evitando agravios comparativos entre territorios. Sen esquecer a aqueles docentes do antigo corpo de PTFP que se xubilaron despois da entrada en vigor da LOMLOE, pero antes de poder participar nos procedementos de integración.

>> Borrador Grao Básico

>> Borrador Grao Medio

>> Borrador Grao Superior

>> Borrador Cursos Especialización