Último borrador - Novidades do Concurso Xeral de Traslados


14 Mai, 2024

WEB - Cuarto e último borrador do RD de Concurso Xeral de Traslados enviado despois da Mesa Sectorial.

A partires de aquí segue o trámite para a súa aprobación e publicación no BOE  prevista para o 3 de xullo.

>> Novidades do Cuarto borrador

  • Criterios de desprazamento en todos os corpos: primará a antigüidade no centro e non no corpo, como xa ocurre no corpo de mestres.
  • Reducción de puntuación por cargo de director/a 
  • Aumento de tope de puntuación no apartado de "Outras funcións docentes" de 5 a 10 puntos.
  • Titorización de fase de prácticas de funcionarios en prácticas a partires do 24/25.

 

>> Terceiro borrador da Modificación RD Concurso de Traslados: Principais novidades!

  • Aumenta a puntuación dos centros de difícil desempeño a 4 puntos e desvincúlase esta puntuación da antigüidade no centro.
  • Aumenta a puntuación a 30 puntos referido a cargos e funcións desempeñadas.
  • Aumenta a puntuación de cursos realizados a 9 puntos.
  • Valórase a competencia dixital

Resumo da Mesa Sectorial

 

 ANPE pide unha reforma integral do RD de Concurso de Traslados, non mediante parches.