>> Estas prazas están dirixidas a funcionarios/as de carreira docentes.
>> Prazo de solicitude: ata o 30 de abril (ás 14:30 horas)
Os postos vacantes que xurdan ocuparanse en réxime de comisión de servizos durante o curso 2024-2025.
>> Requisitos xerais:
▪ Funcionario/a de carreira docente de calquera corpo de ensinos non universitarios
▪ Coñecemento sobre a Acción Educativa Exterior
▪ Manexo de ferramentas ofimáticas de uso habitual (paquete MS Office)
>> As persoas interesadas deberán enviar unha carta de presentación e o seu CV en formato Europass a través do formulario de solicitude. (En caso de erro de acceso, usar navegadores diferentes)
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE: exterior@anpe.es ou ben no 626300849