• Noticia destacada

Resumo da Mesa co Ministerio sobre modificación do RD de CXT


04 Abr, 2024

WEB - Resumo completo da Mesa de negociación co Ministerio sobre o Borrador da Modificación RD Concurso de Traslados 

>> Principais novidades na primeira proposta do Ministerio:

1. Increméntase a puntuación por antigüidade no centro e provisionalidade como funcionario de carreira.

2. A antigüidade no corpo computarase como interino, en prácticas e de carreira tamén a efectos de desprazamentos e supresións.

3. Difícil desempeño: baremaranse os servizos efectivos prestados ata a obtención dun novo destino definitivo.

4. Másteres: baremarase máis dun Máster oficial.

5. Grao: puntuarase con 2 puntos se se obtivo cursando menos dun 50% dos créditos do título.

6. Doutoramento: increméntase a puntuación a 6 puntos.

7. Titulacións de idiomas: Valoraranse tamén os certificados expedidos por entidades acreditadas do MCERL (Cambridge, Trinity,…).


ANPE pide unha reforma integral do RD de Concurso de Traslados, non mediante parches e que se volva a convocar esta Mesa para poder facelo. O Ministerio comprometeuse a celebrar unha nova reunión en breve para seguir negociando.

 Na próxima mesa levaremos xa propostas máis concretas sobre o novo borrador que nos envíen como tope de puntuación en apartados como o de equipos directivos e outras funcións como coordinacións, titorías etc.