Instrucións para a avaliación de bacharelato para ABAU


27 Feb, 2024

DOGRESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

>> A ABAU terá unha duración de tres días. Realizaranse dúas convocatorias da ABAU: unha ordinaria e outra extraordinaria.

– As probas correspondentes á convocatoria ordinaria realizaranse os días 4, 5 e 6 de xuño de 2024.

– As probas correspondentes á convocatoria extraordinaria realizaranse os días 2, 3 e 4 de xullo de 2024.

O alumnado poderá presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación obtida en calquera das probas. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.