ANPE comprometido co ensino público como a mellor opción


23 Feb, 2024

WEB - ANPE comprometido e defensor do ensino público como sinónimo de calidade educativa.

A educación pública é un dos piares sobre os que se levantan as sociedades democráticas, xa que pon ao alcance de todos os nenos e as nenas a oportunidade de ter unha formación gratuíta e de calidade que lles permita desenvolverse como persoas e labrarse un futuro.

En ANPE estamos firmemente comprometidos con ela, e por iso queremos animar ás familias para matricular aos seus nenos e nenas en centros educativos públicos, coa convicción de que é, sen dúbida, a mellor opción.

Para empezar, o sistema público de ensino é sinónimo de calidade educativa. E é así, entre outras cousas, porque conta con profesionais da docencia altamente capacitados, que se formaron para desenvolver o seu labor e participaron en procesos selectivos baseados nos principios de igualdade, mérito e capacidade.

O profesorado é unha das grandes fortalezas da educación pública e o seu labor ha de ser defendida, apoiada e posta en valor.

O ensino público garante tamén a igualdade de oportunidades e a cohesión social, ao ofrecer unha contorna diversa e inclusiva na que se trata a todo o alumnado con equidade, tendo en conta as súas necesidades educativas, e que contribúe a reducir as desigualdades e a favorecer o entendemento e o respecto mutuo.

Deixa, ademais, unha pegada para sempre nas persoas que se educan nela; non só en forma de destrezas e coñecementos académicos, que son, obviamente, elementos centrais do sistema de ensino, claves para o desenvolvemento dun futuro profesional, senón tamén de principios, valores, habilidades sociais, memorias e experiencias, que non son menos importantes para o desenvolvemento persoal.

Como docentes e representantes de docentes da pública temos a obrigación de traballar e loitar permanentemente para mantela nas mellores condicións posibles e tratar de mellorala, pero tamén temos o deber de reivindicala como o que é, unha institución que é garantía de calidade educativa e inclusión social e que, como tal, representa un valor de futuro para a nosa sociedade. Por iso, convidamos os equipos directivos, ao profesorado en xeral, ao conxunto da comunidade educativa, e, por suposto, ás Administracións públicas, a sumarse á tarefa de atraer ao sistema público de ensino á maior cantidade de alumnado posible.

ANPE, SINDICATO INDEPENDENTE