CXT 23/24 - Resolución provisional de adxudicación XERAL


15 Feb, 2024

WEB Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do Concurso de Traslados entre persoal funcionario docente non universitario dos diferentes corpos

>> O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia (so persoal con participación voluntaria) á participación obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 29 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

>> ADXUDICACIÓNS

Adxudicación provisional primaria

Adxudicación provisional secundaria alfabético

Adxudicación provisional secundaria por especialidade

Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (ensinanzas secundaria, formación profesional, artísticas e idiomas)

Adxudicación provisional inspectores (alfabético)

>> EXCLUSIÓNS

Relación provisional de persoas excluídas (Primaria)

Relación provisional de persoas excluídas (Secundaria)

 

 COMO RECLAMAR O BAREMO
1.-Prazo ata o 29/2
2.-Identifícate en https://www.edu.xunta.gal/cxt/ 
3.- Elixe concurso: Menú Participación --> Instancia--> Reclamar Baremo 
4.- PULSA en RECLAMAR BAREMO na instancia ASINADA e PRESENTADA
5.- RECLAMAR no/s apartado/s correspondente/s
6.- Finalizar: GARDAR e VOLVER
7.- Pulsar sobre RECLAMACIÓNS --> BUZÓN DE INFORMES--> DESCARGAR PDF
8.- Sede Electrónica --> pinchar na instancia de participación ED012A--> ACCIÓN --> ALEGACIÓNS
9.- Cubrir instancia --> ACHEGAR O PDF E ENVIAR

COMO RENUNCIAR (só para o persoal que participa voluntariamente): 
1.-Prazo ata o 29/2
2.-Identifícate en https://www.edu.xunta.gal/cxt/ 
3.-Elixe concurso e Renuncia: Menú Participación-->pe de páx --> marcar "Renuncia ao concurso"
4.-Descargar PDF e gardalo
5.- Na túa sede electrónica > busca a instancia de participación ED012A > no desplegable elixe "Acción" > "Renuncia"

6.- Cubre o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debes subir o documento pdf de Renuncia xerado e gardado.

7.- Finalmente debes asinar e presentar no rexistro electrónico a renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

>> RECORDA QUE SI VAS PEDIR COMISIÓN DE SERVIZOS POR SAÚDE OU CONCILIA, NON PODES RENUNCIAR AO CXT.

>> RECORDA QUE AINDA QUE NON CHE ADXUDICARAN PRAZAS NO PROVISIONAL, DEBERÁS RENUNCIAR IGUAL SI AO FINAL, NON QUERES CAMBIAR DE DESTINO (so para persoal NON obrigado a participar)

 

Para calquer aclaración ou dúbida, contacta con ANPE.