>> O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
>> As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
>> O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia(en diante, DOG)