MEFP - Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés


12 Feb, 2024

WEBConvócanse un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2024.

 >> Prazo de presentación de solicitudes: desde o 10 de febreiro de 2024 ás 00:01, ata o 21 de marzo de 2024 ás 15:00. 

>> A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento. O transporte ata as instalacións corre por conta do alumno que, así mesmo, debe abonar 100 euros á empresa. >> Requisitos:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro do 2007.
  • Obter no curso 2023-2024 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación Formación Profesional e Deportes nalgún dos estudos apuntados no punto seguinte conforme á Resolución do 15 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (Extracto publicado no BOE do 17 de marzo).
  • Estar matriculado no curso 2023/24 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato Ensinanzas profesionais de música e danza Grao medio de Formación Profesional Grao medio de artes plásticas e deseño Grao medio de ensinanzas deportivas Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2022-2023 a data de finalización do curso cunha nota final mínima de 9,00 na materia de inglés. Terán preferencia os solicitantes que obtivesen unha puntuación superior na materia de inglés. A esta nota sumaranse 1,5 puntos aos solicitantes de nova adxudicación.