CXT 23/24 - Vacantes provisionais oficiais e Visualización de Instancias


08 Feb, 2024

WEB - Publicación das vacantes provisionais no concurso xeral de traslados (código de procedemento ED012A)

>> Detectados erros e postos en coñecemento da Conselleria, ANPE solicita que se rectifiquen cunha modificación desta publicación provisional.

A Consellería fai públicas as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos diferentes corpos.

Para calquera dúbida ou reclamación, contacta con ANPE.

07/02/2024: Publicación de solicitudes de participación co baremo actualizado e apertura de reclamacións por correo electrónico do concurso xeral de traslados, e dos  concursos específicos de orientación e de adultos.

  • A partir de hoxe día 7 de febreiro de 2024 o persoal concursante poderá consultar o baremo do concurso xeral de traslados e dos concursos específicos de orientación e de adultos para o curso académico 2023/24 no menú Listaxes concurso, submenú Listaxe de instancias.
  • O prazo "oficial" de reclamacións e renuncia ás resolucións provisionais será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades..
  • Ainda que os participantes poderán do 07/02/2024 ata o 14/02/2024 formular as reclamacións que coiden oportunas mediante un correo electrónico a persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal co ASUNTO na mensaxe: “Reclamación CXT”, “Reclamación ORI” ou “Reclamación ADULTOS, segundo corresponda.
  • Para calquera aclaración ou dúbida o persoal concursante pode poñerse en contacto co servizo de persoal que corresponda segundo o corpo de participación no concurso xeral de traslados ou nos concursos específicos:
  • Primaria Teléfonos: 981 54 54 95 - 981 54 44 83 ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.gal

  •  Secundaria Teléfonos: 881 99 58 91 - 981 54 54 06 - 981 54 54 45 - 981 95 78 25 ou ben a través do correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.gal