WEB - Reunión informativa de ANPE e resto de OOSS co Ministerio de Educación e FP sobre o concurso de méritos para docentes e asesores no exterior
Desde o Ministerio proporcionáronnos as estatísticas finais por corpos que se poden atopar en arquivos adxuntos.
En relación a asesores, houbo un incremento do 24% en solicitudes, un total de 325 para 29 prazas. En canto a docentes, tamén houbo un incremento de 412 solicitudes respecto ao ano pasado.
Entre o día de hoxe e mañá 31 de xaneiro publicaranse as listas provisionais de admitidos e excluídos e abrirase o prazo de 10 días hábiles como prazo de reclamacións.
A data provisional de publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos é o 15 de marzo e tal e como se anunciou anteriormente, a data provisional de exame será o 6 de abril para docentes en horario de mañá e 7 de abril para asesores tamén en horario de mañá.
As lecturas comezarán moi probablemente a mediados do mes de abril 2024. Na Resolución coñeceremos o lugar definitivo das probas.
Desde ANPE volvemos reiterar que é imprescindible coñecer os persoais dos centros e postos no exterior e volvemos pedir eses datos ao Ministerio, onde nos traslade, non só os persoais dos centros e postos de traballo, senón tamén como están cubertos os postos (adscrición cos anos que leva ocupada, comisión de servizo, interino, persoal laboral). Esa é a base desde a que partir para realizar a oferta de prazas, ademais de dar claridade á oferta, axudaría a ter unha aproximación das prazas que poden ofertarse en anos posteriores.
Respecto a as prazas de asesores, estas deberían estar abertas a todos os corpos docentes e non pechalas só a especialidades e corpos concretos. Os requisitos que se esixen de idioma, os méritos acreditados e a superación das probas deberían ser o que debe marcar quen obtén a praza sen limitación polo corpo ou especialidade de pertenza.