WEB - ANPE sumase ao día escolar pola PAZ como o día para a reflexión, 30 de xaneiro sempre.
ANPE, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi, súmase á conmemoración do Día Escolar da PAZ e non violencia, reivindicando nestes complicados tempos, o papel fundamental da educación pola PAZ, animando aos nosos docentes para seguir traballando na liberdade, o respecto, a solidariedade, a igualdade, convivencia cultural, diversidade, tolerancia e compromiso na mutua comprensión e a resolución pacífica de conflitos para facer do mundo un lugar mellor.
Para ANPE, a educación é a clave para conseguir que a nosa sociedade creza na cultura da PAZ e non violencia, sendo os nosos centros e docentes, as ferramentas que, co seu traballo diario constrúen un mundo máis xusto e equitativo pola convivencia de culturas, crenzas e opinións a través do respecto aos dereitos humanos, o diálogo e a resolución pacífica de conflitos.
Desde ANPE, do mesmo xeito, entendemos tamén que o Día Escolar da PAZ e a non violencia, debe traballarse para toda a comunidade educativa, por iso, reivindicamos á nosa administración central e ás administracións autonómicas:
- Un Plan estratéxico conxunto de mellora da convivencia escolar con menos papeis e máis accións e axudas que abarque desde a actualización e cumprimento dos Decretos de convivencia, así como os Plans de convivencia e os Regulamentos dos centros, ata a comunicación á Fiscalía daqueles actos constitutivos que así o precisen, incluído as agresións ao persoal docente dos centros sostidos con fondos públicos.
- Un plan específico de formación do profesorado para a prevención e detección do acoso escolar e especificamente do cyberbuylling.
- Recoñecemento da ansiedade, a depresión e o estrés como enfermidades profesionais dos docentes sempre que se deriven de situacións de acoso, establecendo estas situacións como accidentes laborais.
- Aumento da presenza de orientadores nos nosos centros de secundaria e infantil e primaria.
- Creación dunha rede de centros educadores para a PAZ.
Hoxe 30 de xaneiro e todos os días do ano, poñemos en valor o traballo de todos os compañeiros e compañeiras que fan de nosos centros educativos contornas escolares seguros e acolledores onde todo o alumnado se sente respectado e valorado, independentemente da súa orixe, crenza ou capacidades, animando a toda a comunidade educativa a participar nas distintas actividades dos centros escolares.