Acordo de melloras educativas do sistema e das condicións laborais


17 Xan, 2024

DOGRESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

>> Neste mes a aplicación da subida dos complementos:

- Sexenios e titorías: 10%.

- Desempeño de órganos unipersoais de goberno, por ser responsable de centros de menos de tres (3) unidades en educación infantil e primaria e polo exercicio da función de inspección. Xefaturas de residencias, membros dos equipos de orientación específica, dirección do CAFI, CFR, Centro Galego de Innovación da Formación Profesional e Centro Autonómico de Formación e Innovación, e ao persoal asesor destes centros e asesores técnicos docentes: 20€