DOG - RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500A).
>> O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convo- catoria no Diario Oficial de Galicia.
>> As solicitudes, debidamente asinadas polo director ou directora do centro como representante legal deste, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia que corresponda obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal