MUFACE envía de oficio o certificado da mutualidade de primaria


27 Nov, 2023

WEBMUFACE está enviando o certificado de oficio a todos os mutualistas que figuran dados de alta no Fondo Especial para que poidan acreditar a súa condición de mutualista/titular por integración procedente dunha das extintas mutualidades.

Grazas as múltiples reclamacións que leva facendo ANPE Galicia, dende o ano pasado, reclamándolle a MUFACE un certificado que acreditara os importes pagados por todos estos mestres a esa mutualidade preexistente a MUFACE, por fin conseguimos que envíen dito certificado de oficio.

>> Para todos aqueles Mestres xubilados que cotizaron á Mutualidade de ensinanza primaria antes de 1967 e dende 1967 ata 1978.

O obxecto deste certificado é que estes mutualistas poidan acreditar que pertenceron a estas mutualidades, dado que a recente sentenza 707/2023 do Tribunal Supremo recoñeceu o dereito de moitos pensionistas que cotizaron nas antigas mutuas laborais a recuperar, por vía xudicial, parte das cotas declaradas entre o 1 de xaneiro de 1967 e o 31 de decembro de 1978.

 O resto de mutualistas que se incorporaron directamente a MUFACE sen proceder doutra Mutualidade anterior, e que están integrados no Fondo Xeral, non recibirán este certificado nin deben solicitalo xa que esta sentenza non lles afecta.