Aproveita novembro e decembro para formarte en liña con ANPE


27 Out, 2023

WEBANPE Formación ofrece cursos homologados polo Ministerio e outros pola Universidade nos meses de novembro e decembro para aumentar o teu baremo de oposicións, concurso de traslados e sexenios.
A nosa oferta divídese en dous tipos de cursos: os que realizamos co Ministerio de Educación e FP e os que levamos a cabo coa Universidade de Nebrija.

Se es afiliado/a, lembrámosche que tes descontos dispoñibles.

1. Se es docente en activo, a túa primeira opción poden ser os cursos de ANPE homologados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) . Válidos en todo o territorio nacional para sexenios ou concursos de traslados, oposicións etc. 
- Liderazgo 4.0: xestión da aula.
40h do 1 ao 30 de novembro. 
Nel poderás adquirir habilidades moi prácticas na túa día a día para a resolución de conflitos na aula e a creación dun ambiente de traballo e estudo. 

- Atención educativa na aula hospitalaria
60h do 1 de novembro ao 15 de decembro.
O curso indaga na capacidade de investigación e innovación do docente destas aulas e na tecnoloxía que pode poñer ao servizo dos seus alumnos. 

- Uso didáctico e de xestión docente das diferentes aplicacións de Google
40h do 1 ao 30 de decembro.
Moitos centros xa traballan cos programas de Google para a Educación integrados nas súas plataformas. Este curso ofréceche os coñecementos para sacarlles o máximo partido, non só na túa práctica na aula senón tamén no teu traballo diario. 

2. Se aínda non es docente en activo, pero queres aumentar o teu baremo para as oposicións, recomendámosche os cursos en colaboración coa Universidade de Nebrija. Son cursos cunha extensión de 125 horas. Recorda que se fas mais de dous cursos non se pode solapar nin un so día.
 
Do 1 ao 30 de novembro:
- Pedagoxía hospitalaria. Educar na aula hospitalaria
- Internet. A rede como instrumento educativo
- Introducción ao deseño e a impresión 3D

Do 1 ao 30 de decembro:
- A acción tutorial dos centros educativos
- Traballo colaborativo con Google Apps

 >> Non dubides en pedir máis información no correo: formacion.nacional@anpe.es ou no Whatsapp 690218591