Acordo de melloras educativas - aclaramos as túas dúbidas


20 Out, 2023

WEB - Aclaracións sobre as melloras educativas recollidas no Acordo asinado polas OOSS presentes na mesa sectorial: ANPE, CCOO e UGT.

 Logo das múltiples consultas trala sinatura do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente puidemos constatar que hai un descoñecemento bastante xeneralizado do contido do mesmo.

Estanse dando por boas certas mensaxes, interesadas en mobilizar ao profesorado de cara a unha folga, que son literalmente bulos.

Con documento enlazado no títular tentaremos aclarar aqueles aspectos sobre os que nos estades preguntando nas variadas consultas que nos facedes.

E para facelo máis sinxelo, seguiremos a estrutura do propio documento do acordo.