Últimas prazas! - Creación de contidos para a aula dixital – NIVEL B1 CDD


31 Xan, 2024

WEBCurso a distancia de 30 horas organizado por ANPE Galicia que se desenvolverá na Plataforma de Formación en rede de ANPE.

>> Nivel B1 para a acreditación da Competencia Dixital Docente (áreas 1, 2 e 3).

 Datas de celebración: 19 de febreiro ao 15 de marzo de 2024.

>> Esta actividade de formación está homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Xunta de Galicia). Nesta actividade os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, experimentar e reflexionar sobre un conxunto de aplicacións dixitais que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado no contexto da aula dixital do futuro.

Mais información e inscrición (ata esgotar as prazas): LIGAZÓN

 Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacta directamente con ANPE Galicia (formacion@anpegalicia.es).