>> Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas no curso 2023/24 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia. A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos.
>> Prazo de presentación de solicitudes: será dun mes (do 23 de setembro ao 23 de outubro) contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
>> As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal