ANPE oferta un curso enliña en neurociencia e educación positiva


05 Set, 2023

WEB - ANPE formación oferta o curso en liña "Neurociencia e educación positiva" certificado polo Ministerio con 40 horas.

 >> Datas: 1 ao 30 de outubro 2023.

>> Recoñecido e certificado polo MEFP. Válido para SEXENIOS, Oposicións, Concurso de Traslados e Listas de interinidades/substitucións.

>> Aberto o prazo de inscrición!: Neurociencia y educación positiva

Hai uns anos era impensable oír falar doutras competencias que non fosen as académicas na aula, hoxe xa se empeza a falar de valores e emocións nos centros educativos, de novas técnicas dirixidas a mellorar a capacidade de pensamento do alumno e da súa interacción social.

Esta nova aproximación baséase nos estudos sobre Psicoloxía Positiva de Martin Seligman, levados á aula, e sobre a idea de que igual que aprendemos matemáticas, física e química, literatura ou debuxo, deberiamos aprender a tomar conciencia do que sentimos, a xestionar nosas propias emocións, as dos demais e a relacionarnos de maneira máis axeitada coas persoas da nosa contorna.

Con este curso pretendemos poñer énfase no desenvolvemento de 3 das competencias básicas para o desenvolvemento equilibrado e integral de todo o alumnado: a competencia de autonomía e de iniciativa persoal, a competencia social e cidadá e a competencia de aprender a aprender.

Ademais queremos conseguir que o docente: adquira unha formación en Psicoloxía Positiva; apóiese en datos empíricos da neurociencia aplicada á Educación; obteña ferramentas para traballar na aula desde a educación positiva; e aprenda a establecer un cambio metodolóxico que permita contextos de aprendizaxe máis asociativos e colaborativos.

>> CONSULTA toda a nosa oferta formativa