Convocatoria acreditación centros e persoas prácticum PTFP


04 Set, 2023

DOG RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2023/24.

>> Os centros e as persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización FP deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará todas as persoas interesadas, na aplicación Xade, seguindo o itinerario: <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum curso especialización FP>> e <<Voluntario para titorizar prácticum curso especialización FP>>.

>> O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de dez (10) días hábiles. Nese momento pecharase a aplicación Xade, e a partir desta data non se poderán introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela. As persoas interesadas disporán de cinco (5) días hábiles para realizar as alegacións que se consideren ás listaxes publicadas no portal educativo, no correo, formacion.fprofe@edu.xunta.es