>> Os centros e as persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará a todas as persoas interesadas, aínda que en anos anteriores estivesen acreditadas na aplicación Xade, seguindo o itinerario: <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum máster profesorado>> e <<Voluntario para titorizar prácticum máster profesorado>>.
>> O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán dez (10) días hábiles de prazo de solicitude, en que se pechará a aplicación Xade, e a partir desta data non se poderán introducir máis centros e persoas titoras a coordinadoras nela. As persoas interesadas disporán de cinco (5) días hábiles para realizar as alegacións que se consideren ás listaxes publicadas no portal educativo, no correo formacion.fprofe@edu.xunta.es
>> A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades remitirá estas solicitudes, unha vez revisadas, ás universidades correspondentes e as universidades, unha vez analizadas as solicitudes, formularán, de acordo coas súas necesidades, a proposta de centros e persoas coordinadoras e titoras seleccionados pola Comisión de Seguimento do prácticum correspondente, segundo o establecido no artigo 7 da Orde do 18 de abril de 2011.