Concurso méritos estabilización - estimados recursos de alzada


22 Ago, 2023

DOG ORDE do 7 de agosto de 2023 pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos nos diferentes corpos  da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG do 28 de outubro 2022; corrección de erros no DOG do 14 de novembro de 2022).

En virtude da estimación de recursos de alzada en relación co dito procedemento selectivo... Aprobar, como anexo a esta orde, unha relación definitiva complementaria de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.

a) Incluír as persoas na dita relación, co número de orde que corresponda de conformidade coa puntuación obtida no concurso de méritos, e nas especialidades correspondentes que se especifican no anexo desta orde.

b) Modificar o número de orde da lista de persoas aprobadas nesas especialidades que acadaron unha puntuación no proceso selectivo con respecto á obtida polos recorrentes, en cada especialidade, inferior ou igual, de acordo cos criterios de desempate establecidos na citada convocatoria.

En canto non se realiza o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, declárase persoal funcionario en prácticas o persoal que consta no anexo, exento de avaliación, con efectividade do 1 de setembro de 2023.

>> Especialidade 590004-Lingua Castelá e Literatura

>> Especialidade 590006-Matemáticas

>> Especialidade 592012-Italiano

>> Especialidade 597031-Educación Infantil