• Noticia destacada

CADP 2023 - Resolución definitiva de destinos


02 Ago, 2023

WEB - RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2023/24 entre o persoal docente pertencente aos diferentes corpos docentes que non teñan destino definitivo na comunidade, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

>> Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado (todos os corpos)

Os nomeamentos serán remitidos ao enderezo de correo electrónico das persoas interesadas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, electronicamente no trámite activado para o efecto no procedemento ED002B, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ou directamente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, que sexa competente, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.