Concurso de méritos de prazas sometidas a convenio


27 Xun, 2023

DOGORDE do 15 de xuño de 2023 pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

>> O prazo de presentación de solicitudes, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, será de cinco (5) días hábiles.

>> Poderá participar neste sistema de provisión o persoal docente funcionario de carreira e en prácticas.

>> Acreditar o coñecemento da lingua galega.

>> Solicitude de participación: empregarase a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), que será dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos .