Cursos preparatorios para obtención certificados CELGA


22 Xun, 2023

DOG - RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

>> Solicitudes: cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

>> O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 3 ata o 14 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro); e dende o 13 ata o 24 de novembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

>> Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25. Se un curso ten un número de solicitantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo.

>> Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas.

>> A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua ga- lega Celga, cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.