>> Extracto de Rogos e Preguntas de ANPE
1. Esiximos a apertura de negociacións para a redución das rateos, da burocracia e do horario lectivo do profesorado. Son prioritarias para ANPE Galicia. Debe convocarse xa unha mesa sectorial para tratar eses temas. Sen resposta
2. Demandamos novamente a convocatoria do concurso de prazas de atención preferente. A Administración insiste en que este ano non teñen capacidade para resolver. Estase a conceder prórroga ao profesorado que remata o prazo máximo dos 6 anos. As novas necesidades cubriranse a través do CADP.
3. Demandamos información sobre a situación dos trienios e sexenios do persoal ao que se recoñecen como servizos prestados días de vacacións non gozadas. A Administración resposta que está traballando no tema para actualizar todos os servizos a todos os efectos.
4. Demandamos o establecemento de recoñecemento económico para todos os cargos de coordinación así como unha maior valoración da función da titoría efectiva de grupos de alumnado.
5. Denunciamos a transformación de ciclos de formación profesional na modalidade presencial á modalidade a distancia. Que vai a ocorrer coas persoas que se matricularon no primeiro curso na modalidade presencial e agora se lles pasa a distancia? Demandamos explicacións e información ao respecto. Sen resposta por ausencia do responsable