>> Esta orde ten por obxecto desenvolver o Decreto 150/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil, así mesmo, regula a avaliación da etapa educativa da educación infantil.
>> O tempo dedicado ao ensino de lingua estranxeira, será dun período lectivo semanal en cada un dos niveis do segundo ciclo, que poderá organizarse nunha única sesión ou en dúas medias sesións.
>> O tempo de recreo diario estará comprendido entre os 20 e os 30 minutos.
>> Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan de lectura, un plan de biblioteca, un plan dixital e un plan de actividades físicas e hábitos saudables.
>> A avaliación no segundo ciclo de educación infantil será global, continua e formativa.
>> Os centros docentes disporán as medidas organizativas para que as alumnas e os alumnos cuxas nais, pais ou persoas titoras legais non optasen por que cursen ensinanzas de relixión reciban a debida atención educativa.
***ANPE LOITA POR UNHA EDUACIÓN DE CALIDADE: REDUCIÓN DE RATIOS e RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO de 18h e 21h.