PRIMARIA - Ordenación, Currículo e Avaliación


13 Xun, 2023

DOG ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

>> Esta orde ten por obxecto desenvolver o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, así mesmo, regula a avaliación da etapa educativa da educación primaria.

>> O tempo de recreo diario estará comprendido entre 20 e 30 minutos.

>> Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan de lectura, un plan de biblioteca, un plan dixital e un plan de actividades físicas e hábitos saudables.

>> A avaliación na educación primaria será global, continua e formativa.

>> O alumnado cursará, ademais das áreas indicadas no artigo 3, a área de Proxecto Competencial ou as ensinanzas de relixión.

***ANPE LOITA POR UNHA EDUACIÓN DE CALIDADEREDUCIÓN DE RATIOS e RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO de 18h e 21h.