>> Esta orde ten por obxecto desenvolver o Decreto 157/2022, do 15 de setembro e así mesmo, regula a avaliación da etapa educativa do bacharelato.
>> As alumnas e os alumnos poderán permanecer cursando bacharelato en réxime ordinario durante catro anos, consecutivos ou non.
>> O alumnado que promocione ou que repita o segundo curso poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade ou vía antes do comezo das actividades lectivas. Excepcionalmente, o alumnado matriculado en primeiro curso poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade ou vía antes do 15 de outubro.
>> Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan de lectura, un plan de biblioteca, un plan dixital e un plan de actividades físicas e hábitos saudables.
>> A avaliación no bacharelato será continua, formativa e diferenciada segundo as distintas materias.
>> Os centros, en cada un dos cursos de bacharelato, disporán a debida atención educativa en horario coincidente coas ensinanzas de relixión ao alumnado que non curse as ditas ensinanzas. Esta atención educativa en ningún caso poderá concretarse en forma de materia nin levará asociada unha cualificación.
***ANPE LOITA POR UNHA EDUACIÓN DE CALIDADE: REDUCIÓN DE RATIOS e RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO de 18h e 21h.