Concurso de méritos para cubrir prazas nas asesorías


12 Xun, 2023

DOGRESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se publica o anuncio da convocatoria do concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.

>> Prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

>> Texto da convocatoria completo

>> As solicitudes dirixiranse ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, e poderán presentarse no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a solicitude sexa selada e datada polo persoal de Correos antes de ser certificada

>> Para calquera dúbida no procedemento, contacta con nós nas diferentes SEDES.